| «Coa feira de Cee o que buscamos é impulsar o pequeno comercio» |
|
|
|
| Escrito por Administrator | |
| Friday, 20 de November do 2009 | |
Anuska Vázquez Díaz, vocal dos empresarios de CeeAnuska Vázquez Díaz (Cee, 1971) é a vocal de comercio da Asociación de Empresarios de Cee, forma parte da recentemente renovada directiva e é unha das organizadoras da primeira feira das oportunidades que se celebrará na localidade, mañá e o domingo, en horario ininterrompido de dez da mañá a nove da noite. -¿Cal é o obxectivo que persegue a asociación con esta feira? -Cando nos metemos nisto o que buscabamos era impulsar o pequeno comercio. Non había unha cohesión entre os empresarios e pareceunos unha boa idea. -¿E por que unha feira de oportunidades? -As feiras outlet están tendo moito tirón noutros lugares. Ademais, é importante tamén a nivel de convivencia entre os empresarios. Si conseguirmos facer un grupo unido, entre todos tiraremos para adiante. Ese tamén é un dos motivos de que se faga. A ver se conseguimos estar un pouco máis unidos. -¿Que poderán atopar os clientes que se pasen mañá e o domingo por Cee? -De todo (son máis de 40 tendas), desde librería ata complementos, bolsos, agasallos para o Nadal para quen queira aforrar un pouquiño e moitas máis cousas. -¿Que será o que se venda? -Son todo produtos de tempadas anteriores ou que teñen algunha pequena tara. Todos temos nos almacéns ese tipo de cousas e chegou a hora de sacalas. Os descontos van a ser moi importantes. Moitos produtos están entre un 40 e un 50% por debaixo dos seus prezos. -¿Leva moito traballo organizalo todo? -Levamos traballando moito tempo e hai moito de coordinación. Hai que ocuparse do mobiliario, da moqueta, do seguro, da zona para os nenos, a cantina, a seguridade pola noite. Son cousas que levan tempo e que precisan moita coordinación, pero é unha experiencia moi interesante e a nosa idea é facer unha por ano e ir mellorando coa experiencia. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|



