Imaxes


Inundacións
dsc_9131

Inundacións
dsc_9045

Login






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Comentarios de novas

  • De todas as noticias publicadas na prensa, parece ...
  • Manolo tuvo siempre claro cuales eran sus raíces, ...
  • Hoy en día, con el arte que crea con sus manos, no...
  • José Luis es un trabajador nato. Una persona así t...
  • Esta é unha proba de comentario das novas.
Portada
Advertisement
entrevista a Isidro Caamaño Trillo, director de la formación polifónica de Neria PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Friday, 20 de November do 2009

«Eu sempre digo que A Costa da Morte é un verxel de xente que canta marabillosamente ben»

Ademais de ser profesor e director do colexio ceense Manuela Rial Mouzo, a Isidro Caamaño Trillo (A Ameixenda, 29 febreiro de 1952) aínda lle queda tempo para dirixir tamén as corais de Neria, a de Vimianzo e tamén a de Carnota. Toda a súa vida, dende ben pequeno, estivo, dun xeito ou outro, ligada á música coral e hoxe aplaude a iniciativa de celebrar este primeiro encontro de música coral Costa da Morte, posto en marcha pola asociación Neria.

-¿Cando comeza a tomar contacto con esta rama da música vocal?

-Dende pequeno. Cando eu tiña nove anos xa había corais en Cee. Unha era Follas e Xunqueiras e outro dos nomes era Fumes do Cal. Xa daquela comecei a meterme na música de coral. Logo chegarían os anos do Orfeón Terra Nosa, en Santiago de Compostela, dirixido polo Padre Feijoo, que son os mellores anos da miña vida que eu recordo nese sentido. O meu gusto pola música coral vén de aí. Tamén facendo prácticas de maxisterio en Compostela, fundei un coro de nenos, o cal conseguiu diversos premios. Logo fun compoñente da coral de Cee, lugar do que penso que se pode considerar o berce do canto coral na comarca da Costa da Morte. Logo convertinme en director desa formación polifónica durante 25 anos. Formamos o Orfeón ceense, que significou a unificación das corais de A Ameixenda e Cee. Máis tarde pedíronme tamén que ensinase nas corais de Vimianzo e Carnota. -¿Cantos anos hai diso? -Coa de Vimianzo comezaría no 2002 e coa de Carnota, algo antes, no 2000. A Coral de Neria nace logo, no 2008, collendo a xente de Vimianzo, Carnota, A Ameixenda e Cee. -¿Como ve a calidade vocal da Costa da Morte? -Sempre digo que a Costa da Morte é un verxel de persoas que cantan marabillosamente ben. -¿Como combina todo iso co seu traballo de profesor? -Estiven no colexio público Apóstol de Santiago e xa dende o 1978 son profesor no colexio ceense Manuela Rial Mouzo. Sendo director deste, fundei tamén un coro de nenos, co que conseguimos moitos premios, provinciais e tamén autonómicos e mesmo internacionais, coma quen di. O que fago é ensaiar ás corais a partir das oito da tarde, que é cando acaba a miña outra xornada. Lévase ben, é un cambio de actividadade continuo e a min sempre me gustou estar moi activo. Unha vez remato o tempo de clase, pois vou preparando cousas, partituras. Fixen tamén varios cursos de dirección coral, de perfeccionamento de voces, funme formando ao longo do tempo. -A súa, logo, é toda un vida adicada ao mundo coral. -Pois si, case que se pode dicir que si. -¿Como afronta agora a recente dirección da coral de Neria? -Cunhas ganas tremendas. Porque é xente que vale moito. Temos unha nena de 16 anos da que eu digo que é auténtico ouro en pano. Ten un futuro tremendo e nesta coral de Neria fai de organista. Nós interpretaremos mañá Hermosa, A Vella chalana e Va, pensiero. Nesta última acompañaranos ela, Ariazna Leis, unha estrella en potencia que lle vai dar moito futuro a esta coral.

 

Escribir un comentario

Código de seguridade
Refescar

< Ant.   Seg. >
© 2008 Vila de Cee | Template by vonfio.de