 |
www.viladecee.net Foro da Vila de Cee
|
| Ver tema anterior :: Ver tema seguinte |
| Autor |
Mensaxe |
Eloy Site Admin

Rexistrado: 28 Abr 2006 Mensaxes: 138
|
Publicado: Mer Nov 21, 2007 2:25 pm Asunto: Moción contratación |
|
|
Daniel Oca González e Santos Díaz Graíño, voceiro e concelleiro do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Cee, ao amparo do establecido nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais de 1.986, elevan ao Pleno da Corporación para o seu debate a seguinte MOCIÓN:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Un dos temas que máis preocupan aos cidadáns é o da igualdade de oportunidades no acceso a postos de traballo sostidos con fondos públicos. A percepción social dos cidadáns de que todos os políticos son iguais responde moitas veces a que os gobernantes utilizan o poder dun xeito partidista, cando o que deberan facer unha vez que teñen responsabilidades de goberno é defender por igual a todos os cidadáns.
O BNG de Cee presentou no mes de xuño unha moción relativa á creación dunha mesa de contratación municipal, que foi debatida polo pleno na sesión ordinaria do mes de setembro, celebrada o día 28. No referido debate a moción foi finalmente retirada polo voceiro do BNG, debido a un erro na súa redación, que non no fondo da cuestión. Por iso, e porque o sistema de contratación do concello de Cee continúa a ser cando menos incorrecto, cando non ilegal, presentamos de novo a seguinte proposta.
Os procesos de contratación levados a cabo polo actual goberno municipal foron informados negativamente polos técnicos competentes (secretaría e intervención) en máis dunha ocasión. Segundo os devanditos informes as contratacións careceron dos requisitos imprescindibles nun proceso de contratación*, sobre todo no referente á composición do tribunal e ao desenvolvemento do proceso selectivo. Incumpriuse o precepto legal que sinala que “o persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección” (art. 60.2 lei 7/2007). No caso de Cee foron o alcalde, a primeira tenente de alcalde e tres concelleiros do grupo de goberno os que formaron dito tribunal. Todo un alarde de independencia. No tocante ao proceso selectivo en sí mesmo, non foron os méritos obxectivos aportados polos aspirantes aos postos os que determinaron o seu resultado final, senón a entrevista persoal, exactamente o contrario do que a lei sinala.
En consecuencia, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte,
ACORDO:
Constituír unha mesa de contratación, na que participen representantes das catro formacións políticas presentes no consistorio e representantes dos traballadores do concello coa finalidade de consensuar as bases para a contratación do persoal que acceda a emprego municipal.
Cee, 19 de novembro de 2007.
Asdo.
Santos Díaz Graíño Daniel Oca González
*Os procesos de contratación das administracións públicas están regulados actualmente polo “Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos aos que se debe ajxustar o procedimento de selección dos funcionarios da Administración local” e pola “Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público”. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Eloy Site Admin

Rexistrado: 28 Abr 2006 Mensaxes: 138
|
Publicado: Xov Nov 22, 2007 10:19 pm Asunto: |
|
|
ola:
remítovos esta nota de prensa da consellaría de vivenda por si é do voso interese.
saudos
Dani Oca
O CONSELLO DA XUNTA APROBA O PROXECTO SECTORIAL E O PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL DE CEE
O Consello tamén declarou de utilidade pública e interese social o desenvolvemento deste parque empresarial
Santiago de Compostela, 22 novembro 2007.- O Consello da Xunta aprobou na súa xuntanza de hoxe, a proposta da Consellería de Vivenda e Solo, o Proxecto Sectorial e o Proxecto de Urbanización do Parque Empresarial de Cee. Esta actuación desenvolverase sobre unha superficie de 228.770 metros cadrados cun investimento total de 4,7 millóns de euros. Este parque empresarial é promovido pola sociedade pública Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), na que a Consellería de Vivenda e Solo participa nun 15%.
O Consello da Xunta tamén declarou de utilidade pública e interese social as obras, instalacións e servizos previstos co desenvolvemento do Parque Empresarial de Cee, así como a necesidade de ocupación dos bens e dereitos necesarios pola vía da expropiación.
O Parque Empresarial de Cee terá unha superficie total de 228.770 metros cadrados, dos que 106.805 metros cadrados serán de uso industrial e comercial, 10.101 metros cadrados para equipamentos, 44.985 metros cadrados de zonas verdes e o resto para vías e aparcamentos.
Saúdos, gabinete de comunicación |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
Podes publicar novos temas neste foro Non podes responder a temas neste foro Non podes editar as túas mensaxes neste foro Non podes borrar as túas mensaxes neste foro Non podes votar en enquisas neste foro
|
 Registros bloqueados / posts: 1387 / 36
|